CRTVG

Buscar

Rubén Castro sentencia o Lugo cun dobrete (2-1)

Publicado o 18/09/2021 22:59

O Lugo adiantouse en Cartaxena grazas a un tanto de Manu Barreiro. Pero apareceu o incombustible Rubén Castro para marcar dous goles, o primeiro de penalti, e darlle o triunfo ao seu equipo. Debutou en partido oficial o porteiro Fran Vieites.