Rubén Blanco recibe a alta catro meses despois
Publicado o 09/07/2021 22:03
Rubén Blanco ten por fin a alta médica, recuperouse da lesión e está a plena disposición de Coudet para preparar a pretemporada
Catro meses despois da lesión nun ligamento do xeonllo, que sufriu nun partido contra o Huesca o sete de marzo, Rubén ten a autorización médica para adestrarse con total normalidade. O parte de alta asinouno o doutor Cota, que acaba de chegar a Vigo logo da súa estadía coa selección absoluta na Eurocopa e que foi recibido co tradicional corredor dos lapotes