CRTVG

Buscar

Rubén Blanco di que agora non reciben goles porque "defendemos co balón" e "manexamos os tempos do partido"

Publicado o 21/12/2020 17:39

O gardameta do Celta Rubén Blanco comentou tras o triunfo ante o Alavés que están "moi contentos" xa que viven "un momento espectacular. "Fixemos un partido non tan vistoso como os anteriores na segunda parte, pero demostramos que sexa cal for a circunstancia, estamos preparados para competir", indicou.

Destacou que se mostraron como "un equipo maduro", que é o que querían, agregou. En canto ás dúas caras que mostrou o equipo, con balón no primeiro tempo e defendendo sen el no segundo, valorou que "cantos máis rexistros" sexan capaces de ter, "mellor". "Entraba dentro dos plans que na primeira parte se esperase un pouco máis aínda que tamén apertasen arriba, que tivésemos a iniciativa do xogo e metemos o gol"

Tamén considera que lles están creando menos ocasións porque agora tentan "defender con balón", telo eles e "manexar os tempos do partido". "Para os xogadores que temos ou o estilo que queremos desenvolver, é o mellor. Está a verse que é efectivo".

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Noticias web

21/12/2020