Rubén Albés: "Sinto moi ben o equipo e a primeira vitoria, máis cerca"
O Lugo xogará o seu terceiro partido no Anxo Carro buscando a primeira vitoria da temporada e tamén o primeiro gol no seu campo. Rubén Albés ten boas sensacións.
Rubén Albés: "Sinto moi ben o equipo. Gustaríanos que evolucionase máis rápido e ter máis puntos pero o proceso é boísimo"
Chega un ex-primeira, o Huesca. Albés advirte que ningún rival encontrará facilidades.
Albés: "O que sei é que nos convertemos nun equipo incómodo para os rivais. Non se senten a gusto contra nós"
O aumento do aforo permitirá o acceso a máis afeccionados que os socios. O equipo quere mostrarse con personalidade para estar máis cerca de gañar.
Albés: "Queremos enganchar á afección cun equipo con alma e con iso a primeira vitoria pode estar máis cerca, espero que este luns"
Con tres empates e unha derrota o Lugo suma tres puntos, os mesmos que a pasada temporada cando na quinta xornada destituiu o adestrador.