CRTVG

Buscar

Rubén Albés na previa diante do Valladolid: "Precisamos a versión triplo A"

Publicado o 28/08/2021 09:46

Tamén busca a primeira vitoria o Lugo no segundo partido na casa e diante dun rival chamado a estar na pelexa polo ascenso directo, o Valladolid.

Un partido para o que Manu Barreiro, con problemas musculares, é seria dúbida. Albés ten as baixas seguras de Carrillo por lesión, Álex Pérez, a última fichaxe, e Diego Alende pola cláusula do medo. Competir con todos e facerse forte no Anxo Carro é o obxectivo do Lugo. Por iso Albés insiste en pedir o apoio da afección. 

Noticias web

28/08/2021