CRTVG

Buscar

Rubén Albés: "En cada momento soubemos quen ía ser o asasino e detectámolo"

Publicado o 21/10/2021 14:06

Rubén Albés, adestrador do Lugo, comparou o partido coas Palmas cun thriller, como xa fixera na previa ao encontro, e dixo que o seu equipo anticipouse aos atacantes do conxunto canario, ao que derrotou (2-0).

"En cada momento soubemos quen ía ser o asasino e detectámolo. Hai que estar contentos co rendemento xeral do equipo. Era un partido difícil. En Segunda as dinámicas son importantes e As Palmas viña nunha boa", comentou en conferencia de prensa.

Noticias web

21/10/2021