CRTVG

Buscar

Rúas desertas e temor en Codogno, foco do brote de coronavirus en Italia

Publicado o 23/02/2020 12:52

• A comisión europea ofrece a súa axuda ao goberno italiano 

Sanidade reforza a prevención ante o brote de COVID-19

 

Rúas desertas e temor en Codogno, foco do brote de coronavirus en Italia

O número de casos afectados por coronavirus no norte de Italia vai en aumento e superan xa o cento, 89 deles en Lombardía e 17 na rexión do Veneto. O goberno publicou un decreto polo que "non se permitirá a entrada e a saída nas áreas identificadas como bortes" e ordeouse a "suspensión do traballo, a educación e os eventos públicos" nesas zonas.

Once municipios do norte de Italia permaneceran illados os próximos 14 días para evitar que a infección se propague. Os veciños de Codogno, unha vila de 15.900 habitantes, considerada o foco do brote de coronavirus non saen das súas casas por temor o contaxio, malia que se advirte que o COVID-19 se contaxia só pola cercanía.

Trátase de Casalpusterlengo, Codogno, Castiglione d'Adda, Fombio, Maleo, Somaglia, Bertonico, Terranova dei Passerini, Castelgerundo e Sanfiorano na rexión de Lombardía; e Vo'Euganeo, na provincia de Padua e duns 4.000 habitantes, que foi no que se rexistrou a primeira vítima mortal.

Os concellos afectados emitiron unha nota na que piden que se respeten as normas e que "calquera persoa que experimente gripe e síntomas respiratorios non vaia ao hospital senón que se poña en contacto co número de emerxencia".