CRTVG

Buscar

Rúas baleiras e vixilancia da policía para garantir que se cumpran as medidas

Publicado o 15/03/2020 14:35

Cidades silandeiras, negocios durmidos e rúas intransitadas. "Está todo moi tranquilo, a xente non sae á rúa".

A vida transcorre agora entre catro paredes. As nosas rutinas mudaron bruscamente e tratamos de adaptarnos a unha reclusión forzosa, pero necesaria. "Paréceme ben, estou disposta a adoptar todas as medidas. Non sabemos se van ser eficaces, pero temos que intentalo". "Porque se non isto segue correndo e non para".

A xente sae á rúa para o imprescindible. Só vemos actividade nas panaderías, nos quioscos e nas tendas de alimentación que decidiron abrir hoxe. Quen non está traballando procura sacarlles proveito ás horas na casa.
"Teño moitas afeccións, coleccionsimo, moedas, selos... teño bastantes cousas para colocar". "Sacamos todos os xogos e aproveitamos para facer limpeza, falar, ver a televisión...".

De que se cumpran as normas encárganse os corpos e forzas de seguridade. Garda Civil e policías nacional e local están patrullando para garantir que se respecta o estado de alarma. Aínda así sempre hai disidentes. A ameaza do covid 19, o risco das sancións, a chuvia, nada conseguiu disuadir a minoría irresponsable.

Noticias web

15/03/2020