Rúas baleiras e ventás pechadas en Tazacorte
Publicado o 30/09/2021 14:57
O Cabildo da Palma permitirá hoxe o acceso temporal e controlado a algunhas das zonas prohibidas ante a boa calidade do aire. Autorízase o regreso de veciños para recoller pertenzas, a corta de plátanos e a rega dos terreos. Todo sempre fóra do perímetro de exclusión.
En Tazacorte, rúas baleiras e ventás pechadas. Milleiros de veciños confinados. Entre eles familias evacuadas que quedaron sen nada. A lava enguliu preto dun milleiro de casas. Persoas que non só precisan axuda material, tamén apoio emocional.
Chegan doazóns e voluntarios, mesmo de fóra das illas. As administracións xa teñen en carteira un cento de vivendas para os máis damnificados e negóciase a adquisición doutras duascentas cincuenta.