Rúas ateigadas nesta fin de semana de compras en Galicia
Publicado o 13/12/2020 16:06
Estas imaxes de rúas cheas de xente repetíronse onte á tarde en todas as cidades galegas.
Os motivos, son case similares para todo o mundo. Saír da casa, dar un paseo ou facer esas primeiras compras do Nadal.
A todas estas imaxes, en tempos de pandemia non estamos xa afeitos. De día, esas mesmas rúas amósanse completamente diferentes, baleiras e silenciosas. Moita xente di que estas aglomeracións son inevitables.
E aínda que estamos falando de imaxes ao aire libre, en espazos públicos, case todos falan de precaución.
Quizais estas imaxes volvan repetirse as fins de semana vindeiras. Paseos, compras, luces... pero sen esquecer o sentidiño que require unha época coma esta.