Rouban unha caixa forte e deixan atrás os cartos
Publicado o 23/01/2020 13:26
A Policía Científica atribúe a un roubo a caixa forte que apareceu rebentada en medio dunha pista na parroquia viguesa de San Miguel de Oia.
Para sorpresa da veciña que a atopou abandonada, no seu interior había case mil euros en billetes. Os axentes descubriron que a caixa pertencía aos propietarios dunha vivenda que denunciaran, horas antes, o asalto da súa casa.
A hipótese dos investigadores é que os ladróns levaron xoias e outros obxectos de valor pero pasaron por alto os cartos, que puideron confundir entre os feixes de documentos. O caso permanece aberto para localizar os autores do roubo.