CRTVG

Buscar

Rouban unha autocaravana cunha cadela dentro na parroquia ferrolá de Covas

Publicado o 23/08/2021 13:46

A autocaravana estaba estacionada nas proximidades dunha praia da parroquia ferrolá de Covas, onde hai diversos puntos en que aparcan este tipo de vehículos. O dono, un turista alemán, denunciou ante a Policía Nacional na comisaría de Ferrol que lla roubaron onte á tarde e que dentro ía unha cadela.

A Policía Local de Ferrol difundía este domingo a imaxe do vehículo coa cadela ao lado pedindo información se alguén a vía. O animal apareceu xa onte en bo estado nas Somozas.

Do paradoiro da autocaravana non hai novidades, polo que nos dixeron na comisaría da Policía Nacional en Ferrol e na Policía Local.



 

Noticias web

23/08/2021