CRTVG

Buscar

Rouban teléfonos móbiles valorados en 9.500 euros nunha tenda do Carballiño

Publicado o 13/03/2019 17:22

Os ladróns non tiveron reparos en actuar con toda contundencia. De noite rebentaron o cristal do escaparate e accederon ao interior polo oco aberto.

Actuaron con total rapidez, tardaron entre cinco e dez minutos como máximo. Foron primeiro ao panel onde están expostos os terminais e arrincaron todos os que puideron. Logo tamén remexeron no almacén e na caixa rexistradora. O botín anda nos 10.000 euros.

Non houbo testemuñas, así que a Garda Civil estuda as gravacións da cámara de seguridade como elemento principal para dar cos autores. De momento, non hai sospeitosos. Non foi a única tenda de telefonía asaltada nos últimos días no Carballiño. Nesta forzaron a porta e levaron tamén móbiles de gran valor.

Poucas medidas de seguridade semellan xa eficientes para conter os ladróns de móbiles. Neste tenda optan por gardalos nun lugar máis seguro.

A maioría dos terminais subtraídos ten como destino o mercado internacional, xa que no estranxeiro é labor case imposible seguir o seu rastro.

Noticias web

13/03/2019