CRTVG

Buscar

Rouban por terceira vez en dous anos nunha xoiería de Vimianzo

Publicado o 18/10/2019 14:31

A Garda Civil busca o autor ou autores do roubo nunha xoiería de Vimianzo. Sucedeu contra as 6 da tarde de onte cando, segundo as primeiras investigacións, un home entrou no local para mercar unha xoia. No momento en que lle amosaron un mostrario, o individuo arramplou con el e fuxiu.

Polo momento descoñécese o valor do subtraído. Trátase do mesmo modus operandi empregado noutro roubo na mesma xoiería o pasado 18 de maio. Daquela os ladróns levaron 150.000 euros en xoias.

 

Noticias web

18/10/2019