CRTVG

Buscar

Rouban nunha cafetería de Castro Caldelas

Publicado o 29/01/2019 14:54

A Garda Civil busca os autores dun roubo nunha cafetería do centro de Castro Caldelas. Os ladróns forzaron a porta do local e levaron uns 2.000 euros da caixa rexistradora. Ademais, esnaquizaron a máquina comecartos para roubar a recadación. E tamén provocaron danos, romperon dous ordenadores e deixaron todo ciscado detrás da barra. O dono di que non é a primeira vez que lle entran a roubar.

O dono decatouse de que lle entraran roubar a primeira hora da mañá cando ía abrir este bar situado na praza do Prado e Castro Caldelas. Rebentaran as tres pechaduras da porta para entrar. Esnaquizaron a máquina comecartos para coller a recadación e tamén marcharon cos cartos da caixa rexistradoras. Fuxiron deixando todo ciscado detrás da barra.

O local tiña alarma pero non saben por que non soou, Juan di que levou un bo susto cando entrou no bar, e viu todo revolto, pero di que xa non é a primeira vez os os ladróns veñen a roubar.

Os caixóns da máquina comecartos apareceron na N-536 en dirección Ourense. A Garda Civil está agora a investigar este roubo para dar cos ladróns.


 

Noticias web

29/01/2019