Rouban nun concesionario de coches de Ourense
Publicado o 18/11/2019 14:29
A Garda Civil investiga un roubo cometido nun concesionario situado ás aforas da cidade de Ourense. Para entrar nas instalacións, os ladróns forzaron a pechadura da porta da entrada e, unha vez dentro, colleron a recadación das máquinas expendedoras de café e bebidas. Ademais dos danos nas máquinas, tamén remexeron en varios armarios e caixóns, onde, supostamente, buscaban máis cartos.
A Garda Civil está a investigar este roubo e xa estiveron recollendo mostras para tratar de dar cos ladróns.