CRTVG

Buscar

Rouban nun bar do barrio lugués da Piringalla

Publicado o 18/03/2019 14:06

En Lugo, os ladróns asaltaron de madrugada un bar no barrio da Piringalla. Accederon ao interior do establecemento despois de romper a reixa e a porta de entrada, pero tiveron pouco tempo para actuar dado que comezou a soar a alarma. Os ladróns foron directamente desvalixar a máquina comecartos e nin sequera forzaron a caixa rexistradora.

Aínda que non se sabe con exactitude a cantidade que levaron os ladróns, estiman que podería andar nos 2.000 euros.

Noticias web

18/03/2019