CRTVG

Buscar

Rouban material por valor de 4.000 euros nunha empresa de Poio

Publicado o 23/10/2019 13:08

Asaltan o almacén dunha empresa de ocio en Poio e lévanlle material por valor de 4.000 euros. Os donos sospeitan que entraron na noite do luns ao martes nestas instalacións, rodeadas dun eucaliptal, preto da praia de Lourido.

Segundo a propietaria, leváronlle oito monopatíns eléctricos e baterías que valora en 4.000 euros. Os ladróns chegaron ao botín tras escachar un dos vidros da fachada lateral da casa de madeira.

Polo que di, este é o segundo asalto que sofren na instalación no último mes. No primeiro leváronlle os cartos que tiñan na caixa.

Noticias web

23/10/2019