CRTVG

Buscar

Rouban material forestal nunha nave de Baralla

Publicado o 20/03/2019 14:13

Os ladróns asaltaron unha nave no concello lugués de Baralla e levaron numeroso material forestal valorado en máis de 6.000 euros.

Accederon ás instalacións, situadas ao pé da Nacional VI, por unha porta traseira e forzaron despois outra porta interior. Conseguiron un botín composto por once motoserras, tres rozadoras e dous cortasebes novos destinados á venda e levaron tamén outras dez motoserras usadas.

Agora a Garda Civil xa iniciou unha investigación para tratar de dar cos autores do roubo.

Noticias web

20/03/2019