Rouban máis de 40 móbiles nunha tenda de Santiago, valorados en máis de 40.000 euros
Publicado o 21/11/2019 13:20
Entre 40 e 50 móbiles de alta gama é o botín que os ladróns lograron subtraer da tenda dunha coñecida marca de tecnoloxía en Santiago.
Os ladróns, tres persoas encapuchadas segundo as primeiras investigacións, entraron na tenda tras forzar a porta dun almacén lindeiro e facer un burato na parede. Malia que o propietario se achegou ata o local tras activarse a alarma, os ladróns conseguiron non ser descubertos e levar un lote de terminais valorados en máis de 40.000 euros. A Policía Nacional investiga os feitos.