CRTVG

Buscar

Rouban máis de 10.000 euros nunha empresa cárnica de Lugo

Publicado o 17/04/2019 12:11

En Lugo investigan o asalto a unha empresa cárnica que hai ás aforas da cidade. Os ladróns fixéronse cun botín superior aos 10.000 euros.

Todo apunta a que accederon á fábrica a pé evitando os gardas de seguridade da nave. Rebentaron unha fiestra e coáronse nas oficinas e na cafetería, onde conseguiron os cartos do botín.

A policía examina agora as imaxes gravadas polas cámaras de seguridade. De momento descoñécese quen está detrás deste roubo, pero todo apunta a que podería tratarse dunha banda profesional itinerante.

Noticias web

17/04/2019