Rouban dúas veces, en pouco máis de 24 horas, nunha froitería de Lugo
En pouco máis de 24 horas, os ladróns asaltaron dúas veces esta froitería de Lugo. O primeiro roubo foi de noite e levaron uns 240 eruos do cambio que quedara na rexistradora. O segundo asalto foi antes de abrir pola tarde, a plena luz do día, e levaron entre 400 e 500 euros. En ambos casos foron directos á caixa e non levaron produto ningún.
O curioso é que os delincuentes non deixan danos ao seu paso, entran sen forzar a reixa nin a porta e volven deixar todo cerrado. Ademais, estes roubos súmanse a outro semellante acontecido hai 3 meses e tamén sufriron outro asalto noutra das froiterías que teñen noutra rúa de Lugo.
A dona da froitería di que está farta desta situación e mesmo ten sospeitas de quen pode estar detrás dos roubos polo modo en que se levan a cabo. Xa denunciou os asaltos ante a Policía Nacional, que agora está a investigar os feitos.