CRTVG

Buscar

Rouban dous porcos de 200 quilos e métenos nun coche tamén roubado

Publicado o 28/10/2019 14:37

Non foi un roubo calquera, un coche para transportar unha carga moi particular, unha viaxe en plena madrugada, de Teixeiro a Guitiriz, con dous porcos de 200 quilos no maleteiro, antes sacrificados.

Os tres fuxitivos roubaron días atrás outros coches e ata sete porcos da granxa Maruxa, en Teixeiro. A Garda Civil segue a investigar un caso inusual.

O vehículo roubado apareceu en Guitiriz tras rebentarlle as rodas, e o propietario tivo que facerse cargo dos animais, no maleteiro ensanguentado.

Noticias web

28/10/2019