Rouban do camión do repartimento 80 quilos de polbo dunha nave de Lugo
Publicado o 05/04/2019 12:43
En Lugo, tamén investigan o roubo de 80 quilos de polbo dunha empresa de conxelados do polígono do Ceao.
Os ladróns roubaron a mercadoría dun dos camións do establecemento. Os traballadores estaban a cargar as caixas do cefalópodo e, nunha das viaxes ao interior da nave comercial, os ladróns aproveitaron para coller a mercadoría.
Actuaron a plena luz do día, ao parecer agardaban a súa oportunidade aparcados nun camión. Polo menos eran tres persoas. Dúas delas foron as que accederon ao recinto para roubar. Todos os seus movementos quedaron rexistrados nas cámaras de vixilancia.