Rouban de novo no balneario de Guitiriz, poucos días antes de que sexa vendido
Publicado o 17/01/2020 10:43
Novo asalto ao balneario de Guitiriz uns días antes de formalizarse a súa venda. Nesta ocasión viñan polo cobre dos cables da instalación eléctrica.
Para lograr o seu botín, os ladróns deixaron un regueiro de estragos. Arrincaron o falso teito e varias ventás. O certo é que coarse neste complexo non é moi complicado, despois de que tamén roubaran os cadeados das entradas e non se volveran repoñer.
O balneario podería pasar a mans dun grupo empresarial madrileño que ofertou por el 4,5 millóns de euros na poxa do xulgado do social.