CRTVG

Buscar

Rouban cinco bestas e un poldro en Muras e revéndenas no Carballiño

Publicado o 19/03/2021 14:39

Os cabalos pastan libren en moitas fincas do concello lugués de Muras, pero dous veciños de Viveiró viron como dun día para outros lle desapareceran 5 bestas e un poldro. "Da nosa casa eran catro bestas e había outras dúas doutro veciño. Seis animais en total".

Cando se deu a coñecer a falta do animais houbo quen manifestou ver na zona a un home con vínculos familiares no lugar andar de noite cun camión e que mesmo quedara atrancado e foi rescatado por outro veciño. Uns feitos que resultaron sospeitosos. "Viron que cargaban nun camión de noite por aquela zona". "Vírono, foi pola noite e houbo xente que o veu e ataron cabos por aí".

Esas testemuñas foron claves. Denunciaron os feitos ante a Garda Civil e foron descubrindo que o presunto ladrón anunciara os animais por internet e vendéraos no Carballiño. "Encontraron as bestas no Carballiño. Foron investigando e ao final deixáronas ver e efectivamente eran. Nós recuperamos os animais e non queremos máis lío".

Agora a Garda Civil investiga ao suposto autor do furto, trátase dun veciño de Vilalba de 29 anos que foi posto a disposición xudicial.
 

Noticias web

19/03/2021