Rouban 4.400 euros nunha nave de pensos da Fonsagrada
Publicado o 26/08/2020 12:43
A Garda Civil investiga o asalto a unha nave de pensos na Fonsagrada. Os ladróns abriron un burato na caixa forte e fixéronse cuns 4.400 euros en efectivo.
Para acceder ás instalacións, forzaron unha ventá. Unha vez dentro, romperon a máquina do café coa intención de se faceren coa recadación. Tamén rebentaron a porta dunha oficina, na procura de máis cartos.
Non se descarta que se trate dos mesmos asaltantes que intentaron roubar noutro almacén de pensos en Castroverde.