CRTVG

Buscar

Rouba un xerador eléctrico dun espectáculo e marcha con el de viños por Lugo

Publicado o 27/08/2021 12:57
Rouba un xerador eléctrico dun espectáculo e marcha con el de viños por Lugo

A policía de Lugo busca xa un mozo que roubou un xerador eléctrico que se utilizaba nun espectáculo cultural e levouno de viños. Moitos sacáronlle fotos e gravárono, pero a ninguén se lle ocorreu chamar a policía, de modo que o xerador segue desaparecido.

O ladrón aproveitou un descoido na desmontaxe e marchou co aparello de 40 quilos. A empresa propietaria deu por feito que o levaran nunha furgoneta, nunca pensou que puidese estar a só unhas rúas de distancia e á vista de todo o mundo.

Noticias web

27/08/2021