Rouba un gravado de Dalí nunha galería de San Francisco
Publicado o 16/10/2019 14:04
Un home roubou un gravado de Dalí nunha galería de San Francisco, California, nos Estados Unidos.
O roubo produciuse a plena luz do día. O home entrou na galería Dennnis Rae Fine Art pasadas as catro e media do domingo, colleu o gravado e saíu con el debaixo o brazo sen que ninguén o interceptara, como se aprecia nas imaxes recollidas polas cámaras de seguridade.
O gravado, Corrida de todos surrealista, xirafa en lapas, está valorado en algo menos de 20.000 euros. Creouno Dalí entre os anos 1966 e 1977 e mide 51 por 66 centímetros, aproximadamente. Forma parte dunha serie moi limitada, polo que a venda no mercado clandestino non vai ser fácil, segundo os expertos.