CRTVG

Buscar

Rouba un coche en Málaga, estraga seis vehículos aparcados e marcha a pé do lugar

Publicado o 19/10/2021 08:27
Rouba un coche en Málaga, estraga seis vehículos aparcados e marcha a pé do lugar

Non só cometeu enormes estragos cun coche roubado, é que ademais o gravaron todo. Ocorreu en Málaga. O propietario do turismo non daba creto cando viu que non só llo levaran, senón como batía con outros coches estacionados. Oficialmente, hai danos en seis deles. E, seguramente, cando viu que non saía dela, o condutor marchou do lugar. Prendérono pouco despois, grazas ás imaxes que se gravaron, que circularon como a pólvora polas redes sociais malagueñas.  

Noticias web

19/10/2021