Rouba armas históricas nun pazo de Ourense
Publicado o 01/09/2020 13:43
Unha ducia de armas pretendía levar o ladrón do pazo das Eiroás, en Ourense. Conseguiu sacalas da casa, pero nada máis. Tivo que saltar o muro para facerse co botín. Un veciño que escoitou os ruídos de madrugada saíu fóra e viu como o ladrón saía do pazo cargando coas armas. Nese intre avisou o 091.
Os axentes do grupo de seguridade cidadá collérono tras unha persecución a pé. Xa o detiveran outras vinte veces.