CRTVG

Buscar

Rostros estraños adornan os muros e pedras da igrexa de San Miguel de Rariz, en Teo

Publicado o 19/09/2019 16:03

Descubrímoslles unhas imaxes inéditas, nunca antes gravadas, duns rostros estraños aparecidos nunha igrexa parroquial. Unhas caras estrañas apareceron nos muros e nas pedras da igrexa de San Miguel de Rariz, concello de Teo, descubertas polos fregueses da parroquia, un lugar que garda lendas misteriosas moi particulares, como a tumba, din, dun home santo descoñecido ou rituais para actuar contra os nenos "asombrados".

Este novo achado son pinturas murais que forman un conxunto pendente de investigación e catalogación.

Noticias web

19/09/2019