CRTVG

Buscar

Rostros de Alcoa, un documental para visibilizar os traballadores da fábrica coruñesa

Publicado o 16/03/2019 17:17

"Son o número 12545 para Alcoa, pero non son un número, eu son José Ramón Sánchez García e traballo no departamento de mantemento desde hai 10 anos"

Coma Jose Ramón, preto de 400 persoas son os rostros de Alcoa na Coruña. Con este documental queren mostrar ao mundo que detrás de cada número existe unha persoa que teme polo seu futuro laboral.

Juan Carlos López Corbacho (presidente do comité de empresa de Alcoa) "Sensibilizar á xente de que detrás de cada ERE, de cada situación como a nosa hai persoas, non somos números. Fálase moito de ERES que afectan a unha empresa ou a outra pero nunca se profundiza tanto no problema máis individual"

O proceso para salvar a fábrica está en marcha pero aínda lles queda moito polo que loitar

Juan Carlos López Corbacho (presidente do comité de empresa de Alcoa) "Xa hai un interés por parte de varios inversores polas plantas, non é o mellor escenario non é o que nos gustaría a nos nestes momentos. Falta ese borrador para as empresas electrointensivas que está comprometido polo goberno desde hai moito tempo e non da saído"

Óscar, Francisco, Fani, nomes propios, ningún baixa os brazos, seguen pelexando polos seus postos de traballo e coas súas mobilizacións. O vindeiro 28 deste mes viaxan a Madrid, onde se concentrarán ante o Congreso dos Deputados.

Noticias web

16/03/2019