CRTVG

Buscar

Ron, expresidente do Banco Popular, poderá cobrar 13 millóns de euros de prexubilación

Publicado o 27/05/2021 20:52
Ron, expresidente do Banco Popular, poderá cobrar 13 millóns de euros de prexubilación

O expresidente do Banco Popular, o galego Ángel Ron, poderá cobrar a súa compensación por prexubilación de 12,8 millóns de euros.

Así o ditaminou a Audiencia Provincial de Madrid, que revoga a sentenza dun xulgado madrileño de primeira instancia. Esta sentenza condenaba a Ron a devolverlle ao Banco Santander os cartos desa prexubilación e outras cantidades cobradas tras o seu cesamento.

Noticias web

27/05/2021