CRTVG

Buscar

Rómpenlle os dentes a un home cunha barra de ferro para atracalo no centro de Lugo

Publicado o 07/07/2021 14:25
Rómpenlle os dentes a un home cunha barra de ferro para atracalo no centro de Lugo

A policía detivo en Lugo os presuntos autores dunha brutal agresión no centro da cidade. Son dous mozos que lle romperon os dentes a un home cunha barra de ferro. Unha patrulla viu que os supostos agresores portaban obxectos contundentes nas mans mentres camiñaban pola rolda da Muralla e identificounos. Unha vez alertadas o resto das dotacións policiais, minutos máis tarde foi localizado na zona peonil da rolda un home que sangraba pola cabeza e que fora vítima de roubo. Debido á gravidade das lesións e á perda de varias pezas dentais, tivo que ser ingresado no HULA.

Noticias web

07/07/2021