CRTVG

Buscar

Os bombeiros buscan 200 desaparecidos tras romper unha represa no Brasil

Publicado o 25/01/2019 23:28

A rotura dunha represa que tiña residuos minerais en Brasil deixa unhas 200 persoas desaparecidas. A represa que se rompeu é propiedade da compañía Vale, a maior productora mundial de ferro. O suceso ocorreu no municipio de Minas Gerais, ao sudeste do país. Un rio de lama destruiu algunhas casas próximas a un poboado veciño, pero as autoridades aínda non confirmaron se o verquido causou vítimas mortais. Catro persoas quedaron feridas ata o de agora en hospitais públicos por feridas causadas polo verquido.

 

Noticias web

25/01/2019