CRTVG

Buscar

Román Rodríguez: "Presentámolle ao sector da cultura un plan para manter o emprego, cun investimento de 17 millóns de euros"

Publicado o 07/05/2020 13:53
Román Rodríguez: "Presentámolle ao sector da cultura un plan para manter o emprego, cun investimento de 17 millóns de euros"

Todos os plans deste ano e os do 2021 están tocados pola crise sanitaria causada polo coronavirus. Especialmente afectados están os sectores cultural e turístico. O sector turístico significa en Galicia o 13% do PIB e o 14 por cento do emprego.

Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Turismo, explica que "desde a Consellería de Cultura están a traballar nun plan de reactivación que hoxe lle van a presentar ao sector: "Desde a Xunta de Galicia queremos actuar desde unha perspectiva integral e pensamos debemos traballar en incentivar na sociedade galega un novo consumo, tanto no sector da cultura como no turismo, porque son dous sectores vitais para Galicia".

"O sector da cultura en Galicia é dinámico, con capacidade para reinventarse e con gran capacidade de traballo. É un sector que da traballo a máis de 30.000 persoas en Galicia. Man a man co sector estamos a deseñar novos programas para fomentar novos consumos e crear novas liñas, novos formatos, para que se poida manter o emprego e o tecido empresarial", afirma o conselleiro de Cultura.

"No consello da Xunta aprobamos a semana pasada un plan de 17 millóns de euros que se van adicar a diferentes areas da cultura. Parte destes cartos eran os destinados ao Xacobeo. A Xunta vai adicar 6 euros por galego á cultura. O Goberno de España vai dedicar pouco máis dun euro por español", salienta Román Rodríguez.






 

Noticias web

07/05/2020