CRTVG

Buscar

Roger Federer despídese de Wimbledon

Publicado o 07/07/2021 20:41

Roger Federer despídese de Wimbledon, o seu torneo favorito. Caeu derrotado ante o polaco Hubert Hurkacz por tres setas a cero, cun inesperado 6-0 no terceiro. O público aplaudiulle porque pode ser a despedida definitiva do suizo da pista do All England Club, onde levantou oito veces o trofeo de campión. A só un mes e uns días de facer os 40 anos, Roger Federer está moi lonxe do seu mellor momento. Esta tarde viuse un Federer descoñecido. Acabou perdendo o último set sen gañar ningún punto. Un rosco que só fora quen de facerlle Rafa Nadal neste século.


 

Noticias web

07/07/2021