CRTVG

Buscar

Rodrigo Vázquez da TVG, o mellor comunicador de Galicia nos Mestre Mateo

Publicado o 10/04/2021 20:13

A distinción como mellor comunicador de Galicia recibiuna Rodrigo Vázquez presentador do programa da sobremesa da TVG "Quen Anda Ahí" onde fai parella con Roberto Vilar. No seu agradecemento lembrou os traballadores da sanidade pública polo seu traballo durante a pandemia.

Agradeceulle tamén á TVG o traballo a prol do galego e a oportunidade para desenvolver o seu traballo.