CRTVG

Buscar

Rodrigo Corrales: "Orgulloso de xogar así ante Noruega. Estou moi feliz"

Publicado o 28/01/2021 12:20

O porteiro galego da selección española de balonmán Rodrigo Corrales non ocultou a súa satisfacción tanto polo pase ás semifinais do Mundial, como por pertencer a un equipo, ao que non dubidou en cualificar de "incrible" tanto polo seu xogo na pista como polos valores que transmite.

"Estou moi contento de pertencer a este equipo, porque é incrible o que facemos ano tras ano, non só cando gañamos, senón polo compromiso e polos valores que demostramos", sinalou o cangués. 

Así mesmo, o gardameta español, unha das claves de triunfo sobre Noruega, destacou a importancia que ten para o equipo regresar a unhas semifinais mundialistas, que se lle resistían desde o ano 2015 no campionato disputado en Qatar: "Orgulloso de xogar así ante Noruega. Estou moi feliz".

Noticias web

28/01/2021