CRTVG

Buscar

Rodrigo Corrales, homenaxeado polo bronce mundial, xa pensa nos Xogos de Toquio

Publicado o 01/02/2021 20:33

Imos agora con balonmán e a recepción e homenaxe á selección española de balonmán polo seu bronce no mundial de Exipto.

Cuarta medalla nun campionato do Mundo, dous ouros e dous bronces. Da última había oito anos. Bronce para o galego Rodrigo Corrales, que volveu brillar ante Francia con dezaseis paradas.

O cangués foi, por segunda vez no torneo, o xogador máis valioso do encontro. O próximo reto serán os Xogos Olímpicos de Toquio.


 

Noticias web

01/02/2021