Rodrigo Corrales: "Este bronce sabe a ouro, pechamos un ciclo na competición máis importante"
Publicado o 10/08/2021 10:30
De bronce é a medalla que trae ao pescozo outro ilustre cangués. Rodrigo Corrales, porteiro da selección de balonmán e que tivo un protagonismo importante nos encontros da primeira fase.
O metal olímpico completa un brillante palmarés: dous ouros en europeos e un bronce no mundial.
"Este bronce sabe a ouro, pechamos un ciclo na competición máis importante. Os Xogos son especiais", comentou Corrales.
Outro dos que chegou onte pola tarde foi Iván Villar, que malia que non contou con minutos considera "moi bonita" a experiencia de vivir unha olimpíada.