Rodrigo Corrales acada o bronce coa selección española de balonmán
España derrotou á selección de Exipto e acabou logrando o bronce no torneo de balonmán. É a cuarta medalla na historia do balonmán español, a cuarta tras impoñerse na loita pola terceira posición. Un triunfo que supón o colofón para unha gran xeración de xogadores con Raúl Entrerríos á fronte.
Exipto foi un rival moi duro, estivo sempre metido no partido e España tivo que suar para lograr o triunfo. No primrieo tempo o equipo español conseguiu abrir unha pequena fenda xusto no treito final para irse de tres goles (16-19). Exipto reaccionou e mantívose no partido ata o treito final. España xestionou as mínimas vantaxes das que dispuxo grazas ao acerto de Dujshevaev e Entrerríos.
Rodrigo Corrales non foi o porteiro titular na loita polo terceiro posto pero boa parte da medalla é da portería, unha das mellores do mundo. A parella formada por Gonzalo Pérez de Vargas e o cangués foi un muro para os rivais, unha das chaves para o rendemento da selección española nas últimas grandes competicións.