Rodri Veiga, novo adestrador do Compostela
Publicado o 26/05/2021 20:28
O Compostela atopou o reposto para o banco na casa. Rodri Veiga, exxogador e segundo adestrador, substitúe a Iago Iglesias. Despois de actuar nas últimas cinco tempadas como segundo de Iago Iglesias, Rodri asume agora o reto de dirixir o equipo na Segunda Federación a próxima tempada. Entrou como xogador en xuvenís. Asina por un ano e promete un proxecto continuísta. Ten aínda medio cadro técnico e medio equipo por facer.