CRTVG

Buscar

Robótica, intelixencia artificial e big data para a vendima

Publicado o 16/09/2021 16:04

Aplicar a ciencia á viña para conseguir unha agricultura máis sostible e eficaz. Ese é un dos obxectivos dun proxecto europeo en que participan empresas de 8 países e no que entrou de cabeza a adega Terras Gauda.

"Estamos convencidos que a robótica, tanto a aérea coma a terrestre, ten moito sentido no que é a agricultura, para conseguir unha agricultura de precisión, para conseguir unha agricultura boa co medio natural e que a un tempo nos dea produtos de calidade", apunta Ángela Ribeiro, investigadora cientifica do CSIC

Se o proxecto prospera, esta imaxe terá os días contados. Os vendimadores terán un novo compañeiro de traballo.

"Para min foi unha experiencia boísima, porque teño que carrexar as caixas da vendima e co robot era eu o que mandaba nel; segundo eu me movía, o robot viña ao meu lado para eu ir botando as uvas na caixa", conta Mari Carmen Álvarez, vendimadora.

O uso de drons para detectar con precisión de centímetros as pragas e actuar a tempo é outros dos grandes logros que se aveciñan.

"A xente en xeral, da tratamentos á viña de forma preventiva. Isto é un consumo de insumos e unha contaminación medioambiental moi grande. Desta maneira, imos reducir o número de tratamentos sén dúbida, ímolos dar se os precisa a viña, exclusivamente nunha zona e exclusivamente nunha parte da vexetación, e contamiñando moito menos tanto o aire coma o viñedo ", explica Emilio Rodríguez, director enolóxico da adega.

Noticias web

16/09/2021