Robles admite o fracaso da misión internacional en Afganistán
A ministra de Defensa admite o fracaso da misión internacional en Afganistán. Margarita Robles compareceu no Congreso para explicar a operación de evacuación do país asiático do pasado mes de agosto. Robles definiuna como a misión de aeroevacuación máis importante e exitosa da historia das Forzas Armadas.
A ministra salientou o papel humanitario xogado polo exército español durante os 20 anos de presenza en Afganistán, especialmente na defensa dos dereitos das mulleres. Con todo, lamentou que o fin da misión non fose o que todos desexaban: "O resultado prodúcenos unha decepción e un certo sentimento de fracaso do que haberá que sacar conclusións, pero esa decepción vai unida ao orgullo polo traballo realizado en Afganistán polas nosas forzas armadas".