Robertson, seria dúbida para a dobre xornada ante Valencia e Gran Canaria
Publicado o 12/04/2021 21:28
Kassius Roberston, o mellor na vitoria do Monbus Obradoiro contra o Manresa, acabou mancado. As probas que se lle practiaron dan un prognóstico preocupante. Ten unha forte contusión muscular no cuadríceps dereito, con inflamación e sangrado. Á falta de como responda a lesión ao tratamento, é seria dúbida para os dous próximos partidos: o venres contra o Valencia e o domingo contra o Gran Canaria.