CRTVG

Buscar

Roberto Vilar cumpre un desexo desta muller, que fai hoxe 104 anos

Publicado o 09/02/2021 21:02

O chocolate e a televisión, a nosa, a de Galicia, é o que máis lle gusta a Josefa Pereira. Gayoso, Piñeiro e Roberto Vilar son os seus presentadores preferidos. E vaia sorpresa levou hoxe polo seu aniversario!

Josefa comezou a traballar con só 15 anos servindo en casas de Ourense e Vigo ata que emigrou a Venezuela. Unha vida de moito esforzo para sacar adiante cinco fillos.

Só toma pastillas para o colesterol e para a tensión. E cando lle preguntamos o clásico, o segredo para chegar a esta idade, isto di.

Este aniversario, pola covid, foi diferente e non se puido xuntar toda a familia para celebralo coma outros anos. A incondicional máis lonxeva da TVG vai ademais ser moi pronto tataravoa.

Noticias web

09/02/2021