Roberto Blanco: "A reputación do país non se vai ver beneficiada pola marcha do rei Xoán Carlos"
O rei Xoán Carlos xa está fóra de España. Tras 40 anos de reinado, marcha, nunha decisión consensuada co seu fillo e tamén co Goberno. O motivo: "Contribuír coa súa marcha, a dar tranquilidade e sosego á coroa", tras "a repercusión pública de acontecementos pasados da súa vida privada".
Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional, avalía no Bos días a misiva que lle enviou o rei Xoán Carlos a Filipe VI, dicindo que o fai guiado polo convencemento de prestar o mellor servizo aos españois, ás súas institucións e ao seu fillo, como rei.
Blanco Valdés distingue estre as consecuencias políticas dos posibles actos do Rei e as consecuencias penais, que terá que dirimir a xustiza. Pero o catedrárico de Dereito Constitucional conclúe con que a reputación de España, como país, non se vai "ver beneficiada" pola marcha do rei a outro país.