Rivera recibe a alta médica tras dous días de hospitalización por gastroenterite
Publicado o 13/07/2019 08:58

O líder de Ciudadanos, Albert Rivera, abandonou onte o hospital despois de permanecer dous días ingresado por unha gastroenterite aguda, probablemente provocada pola bacteria salmonella. Rivera afirmou que xa se atopa mellor e prevé reincorporarse á actividade politica a comezos da semana vindeira.